Montse Prado demanda implicación da Xunta para defender os barcos galegos, tras o apreixamento do arrastreiro Río Mao
A parlamentaria do BNG, Montse Prado formulou hoxe unha pregunta, na Comisión de Sanidade, relativa á esclarecer as circunstancias do apreixamento do arrastreiro galego, “Río Mau” por parte de Irlanda.
Prado lembrou que pasado luns día 11 de Setembro foi apresado o arrastreiro “Río Mau”, con base no porto de Vigo, polas autoridades irlandesas, permanecendo retido durante 4 días con toda a tripulación a bordo no porto de Casteltownbere (Irlanda).
A deputada cuestionou o apresamento do “Río Mau” e asegurou que as propias autoridades irlandesas admiten un erro na estima de capturas de rape e rapante a bordo.
O certo, explicou, é que Irlanda ven de apresar por terceira vez un barco de capital galego no que vai de ano e ao igual que no caso do “Rio Mau”, as presuntas infraccións entendemos que non poden ser consideradas como algo grave, polo que “resulta excesivamente rigoroso desviar a un barco a porto, rételo e impoñer sancións elevadísimas”, baixo a ameaza de que vai ser resolto por un xurado popular e por unha sociedade irlandesa, na que perduran prexuízos de antano contra á pesca galega.
Hai que lembrar que “estas infraccións son sempre detectadas en augas xurisdicionais da UE e Irlanda non ten un dereito exclusivo sobre elas”, recalcou a deputada nacionalista.
Débese tamén sinalar que a flota galega leva realizado un gran esforzo social e económico para adecuarse aos recursos, e se hoxe o Gran Sol ten un bo estado de conservación débese en gran medida a este sacrificio do noso sector. Na súa opinión, “non é de recibo este acoso ao sector pesqueiro galego”.
É preciso que o Goberno español realice de inmediato unha petición de aclaración sobre o acontecido co barco “Río Mau” e tamén que se investigue se estamos ante un feito discriminatorio atendendo a criterios da nacionalidade, ou se pola contra este “modus operandi”, das autoridades irlandesas, se aplica a outras flotas da UE.
Prado tamén recordou que, recentemente o Partido popular defendeu unha iniciativa ante as consecuencias do Brexit para protexer os intereses da frota pesqueira galega e agora atopámonos cunha actuación de Irlanda sen que o Goberno central e a Xunta se pronuncien polo que preguntou que barcos están sendo inspeccionados e cantos foron sancionados. Por parte, afirmou, o Goberno galego con responsabilidade para velar polos nosos intereses tampouco se está implicando. Os nosos barcos, “séntense desamparados”, concluíu.