Unha moción do BNG consigue paralizar de "maneira definitiva" os dous edificios do Gaiás

A moción defendida pola deputada do BNG, Ana Pontón acada o apoio no Parlamento galego para paralizar “de maneira definitiva” os dous edificios da Cidade da Cultura que o Goberno galego decidira parar de “maneira provisional”.

A portavoz de cultura do BNG, Ana Pontón defendeu hoxe unha moción sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galgo na Cidade da Cultura acadando o apoio do PPdeG e Alternativa Galega de Esquerda (AGE) na reclamación de paralizar os dous edificios do Gaiás.

A moción nacionalista solicitaba da Xunta o inicio dos trámites para "proceder a la paralización definitiva" dos dous edificios pendentes da Cidade da Cultura - Centro de Arte Internacional e Teatro da Música--, que o Goberno galego decidirá parar de “maneira provisional” por mor da crise económica, ata o ano 2014.

Pola súa parte, o PSdeG abstívose na votación separada de este punto da iniciativa nacionalista que, sen embargo incorporou algunhas propostas de AGE. O socialista Francisco Caamaño, na súa intervención avogou nunha emenda pola paralización "sine die" de ambos edificios pero non pola súa paralización definitiva como solicitaba o BNG.

A Moción defendida pola parlamentaria nacionalista tamén reclamaba a reprogramación dos fondos da actividade da Cidade destinando, como mínimo, “o 50 por cento dos fondos consignados nos orzamentos da Xunta de Galiza” á Fundación Cidade da Cultura, e destinalos a axudas aos diferentes sectores culturais así como remitir ao Parlamento galego unha copia das contratacións da Fundación da Cidade da Cultura dende xaneiro de 2011 ate a actualidade, estas peticións finalmente non prosperaron.