Mini pon en valor o turismo rural e compromete medidas para o seu desenvolvemento
O candidato do BNG pola provincia da Coruña, Xosé Luís Rivas destacou hoxe en Arzúa o valor do turismo rural como elemento dinamizador social e económico para os negocios situados nos concellos que percorren o Camiño de Santiago. Tras a súa visita a casa de turismo rural, Casa “Lucas”, na parroquia de Viñós, exemplo de turismo rural sostible e encardinado no medio ambiente, o candidato nacionalista acompañado de membros do BNG da comarca, asegurou que esta actividade económica resulta resulta moi beneficiosa para o desenvolvemento dos concellos.
O BNG dixo, aposta por un “medio rural vivo e activo” e animou ao propietarios das casas de turismo rural a ofrecer actividades que acompañen a estadía das persoas albergadas co fin de transmitirlles todas as potencialidades do entorno, “visitas aos museos locais, lugares de interese medioambiental así como fomentar o consumo de produtos do lugar e o comercio de proximidade”.
Rivas asegurou que “un goberno do BNG na Xunta de Galiza” potenciará o turismo rural, “sempre de maneira sostible e respectando o medio ambiente”. Para o candidato, albergarse nunha casa de turismo rural implica tamén coñecer o medio rural e todas as súas vertentes e insistiu na necesidade de ofertar aos visitantes diferentes actividades nesta liña.
O nacionalista lembrou que moitas casas de turismo rural representan unha unha fonte de ingresos para as familias pero tamén “unha das moitas maneiras de revitalizar o medio rural” e mostrou o seu compromiso para impulsar iniciativas co fin de mellorar o sector.
Mini aproveitou a súa visita a Arzúa para visitar o Museo vivente do Mel “O Enredo do Abelleiro”, centro divulgador da vida das abellas e equilibrio mediomabiental e considerou que hai que poñer en marcha iniciativas para paliar as graves consecuencias dos neurotóxicos e a proliferación dos niños de velutina, tras a visita do Museo, o candidato do BNG desprazouse até a antiga zona recreativa de Portodemouros.