Mini: "Por 24.000 euros Medio Ambiente deixa o rural sen o programa de recollida de plásticos agrarios"
Xosé Luís Rivas reprocha á consellería que rescinda un contrato por 24.200 euros e obrigue aos gandeiros a resolver “pola súa conta” o problema dos residuos
O portavoz de Agricultura, Xosé Luís Rivas formulou hoxe unha pregunta na comisión de Agricultura trala decisión do goberno de non renovar o programa de recollida de plásticos agrícolas.
Pola súa parte, a directora xeral de Calidade Medioambiental respondeu ao nacionalista que o programa con fondos europeos estaba destinado a inculcar boas prácticas na xestión de residuos ao que Rivas Cruz replicou que “ o programa non cumpriu a súa finalidade porque das estimacións de 8 mil toneladas xeradas o ano que máis se recolleron foron, 5.200”. O parlamentario engadiu que o plástico é “de alta densidade e precisa de tratamento especial”.
Rivas reprochou a Medio Ambiente que rescinda o contrato da recollida de plásticos de invernadoiros e silos “para aforrar 24.000” nuns orzamentos galegos que superan os 9.000 millóns de euros. Para o deputado, “dar carpetazo ao programa” pode retrotraernos aos tempos nos que “os plásticos agrarios eran queimados ou depositados nos montes e rios”.
Rivas advertiu que este material alcanza a cifra de 9 mil Toneladas e concellos con grande actividade agraria sen embargo, trala suspensión do programa, a empresa encargada da recollida xa non asumirá o servizo polo que reclamou a “restitución inmediata do programa”.
Por outra banda, o nacionalista explicou que a medida repercutirá moi negativamente nas zonas de activade agrícola entre as que destacou, Marzaricos, Zas, Padrón, Curtis, Baixo Miño ou San Sadurniño. Os plásticos, sobre todo dos silos, non se reutilizan xa que é moi normal que sofran picaduras de paxaros, efectos meteorolóxicos ou outro tipo de deterioro e de utilizar o mesmo envoltorio, “estragaría o silo pola entrada de aire” o que provocaría a súa fermentación inutilizándoo para o alimento de animais.
Ademais, engadiu que os plásticos queimados desprenden dioxinas que “entran na cadea alimentaria”.
PLÁSTICOS NOS MONTES E RÍOS
Retirar este programa provocará a súa queima e lembrou que hai concellos que xa teñen máis de 300 toneladas acopiadas. O deputado do BNG tamén aludiu á necesidade de iniciar unha campaña informativa para tomar conciencia das consecuencias da queima de plásticos e o seu deposito en zonas naturais, “non queremos volver a ver neveiras nos montes nin tampouco pneumáticos ou plásticos procedentes de invernadoiros e silos” e negou que o progama que dan por finalizado cumprira este obxectivo.