María Albert: “ a Xunta de Galiza elude considerar ao persoal do SPDIF como esencial e de emerxencia”
A portavoz de Montes do BNG, María Albert, criticou que a Xunta de Galiza non considere ao servizo de prevención e extinción de incendios como “esencial e de emerxencia”, segundo deduciu da resposta á pregunta formulada pola propia Albert á directora Xeral de Saúde Pública, Carme Durán Parrondo.
O ano pasado cando o SPDIF realizou tarefas contra COVID, este servizo tiña ese carácter esencial ao ser considerado pola Xunta como persoal de emerxencia pero si realmente tiña ese carácter porque non foi vacinado dentro do grupo de emerxencias do Plan de vacinación? volveu a preguntar a nacionalista.
Dentro do Plan de vacinación, explicou a nacionalista, o SPDIF está incluído no grupo 6 dentro dos colectivos en activo para unha función esencial para a sociedade e desenvolvendo a súa actividade con carácter presencial, polo menos unha parte da xornada. Dentro do grupo 6, engadiu, o subgrupo 6A está formado polas forzas e corpos de seguridade, emerxencias e forzas armadas, polo tanto o persoal do Servizo de Prevención e defensa contra os incendios de Galiza está incluído neste subgrupo e queremos saber se é un persoal esencial de emerxencias, reiterou a deputada do BNG ante a falta de respostas da directora Xeral de Saúde Pública, na súa primeira intervención.
A nacionalista lembrou que no recente incendio producido no polígono industrial do Ceao en Lugo, os bombeiros urbanos e forestais traballaron conxuntamente para apagar o incendio pero deuse a circunstancia de que os bombeiros urbanos estaban vacinados e os forestais non. Porqué se distingue entre os bombeiros forestais e urbanos? Sabemos que a vacinación continua a súa pauta e moitos colectivos xa están vacinados por franxa e aínda que o servizo de prevención acabará vacinado, o que queremos saber é si a Xunta considera ao servizo “esencial e de emerxencias ou non” . No caso de selo, cal foi o motivo para non cumprir o protocolo de Galiza coa súa inclusión no grupo 6A, cando outros grupos detrás do 6A foron vacinados sen ter en conta o tramo de idade.
A deputada indicou que na última comparecencia do director Xeral de Prevención contra incendios forestais referiuse ao colectivo como “persoal esencial”. Se realmente ten este carácter, volveu a preguntar porque non se cumpriu o protocolo de vacinación da Xunta?
Pola súa parte, a directora Xeral de Saúde Pública respondeu á deputada que para a Xunta o máis seguro e vacinar por grupos etarios e despois de vacinar aos grupos de maior risco, a vacinación continuará o seu curso en función da chegada das vacinas. O persoal de prevención e extinción de incendios serán vacinados segundo os listados ao igual que outros colectivos que continúan sen a vacina.
Tras a resposta da directora Xeral, a nacionalista volveu a preguntar si a Xunta considera ou non “esencial” o Servizo de prevención e extinción de incendios ao que Durán Parrando eludiu responder.