Luís Bará: “O PP defende os intereses de AUDASA e non fai nada ante os colapsos da ponte de Rande”
O deputado do BNG afirmou que dende o inicio das obras de ampliación da ponte, o goberno galego non tomou e se empeñou en defender os intereses de AUDASA antes que os das persoas usurarias da infraestrutura
O deputado do BNG por Pontevedra, Luís Bará preguntou hoxe ao goberno sobre os problemas de tráfico na AP-9 trala inauguración do pasado 30 de decembro das obras de ampliación “non rematadas” da ponte de Rande.
Bará afirmou que moitas persoas usuarias vénse atrapados polos atascos de Rande aínda que máis ben, recalcou, teriamos que dicir “atracados en Rande”.
O nacionalista acusou ao Partido popular de “compracencia e pasividade da Xunta” ante un problema que dura meses e manifestou que o Goberno galego non tomou ningunha medida para resolver os colapsos de tráfico, máis ben todo o contrario, “defende os intereses da concesionaria de AUDASA e o capital corsario e non os das persoas usuarias da infraestrutura”. O PP, engadiu, mesmo votou en contra das propostas do BNG sobre a subida das peaxes e os problemas que seguen afectando aos veciños e veciñas polas obras de Rande.
Unhas obras, insistiu o nacionalista, “que non remataron pero foron inauguradas polo Partido popular para favorecer a subida das taxas da AP-9”. O deputado propuxo cambiarlle o nome a ponte de Rande e denominala “a ponte do Morrazo polo gran morro que lle está a botar a Xunta, o Partido popular e o Ministerio de Fomento e o gran morro co que insultan, aldraxan e estafan día a día ás máis de 50.000 persoas que pasan por esta ponte”.
Polo gran morro, tamén desprezan aos gobernos municipais cos que nin sequera se reúnen, e polo morrazo de Íñigo de la Senra, Rajoy e Feixóo, os galegos e galegas estamos a pagar “esta gran estafa”. Os galegos e galegas estamos fartos da súa “complicidade e incompetencia”, espetoulle Bará á conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez á que lle pediu que “fagan algo para resolver os problemas da ponte de Rande”.