Luís Bará acusa ao PP de “partidismo” nos convenios con concellos para mellorar a seguridade viaria
O BNG pide incluír no criterio de zonas de concentración de accidentes o risco das persoas que viven nas contornas das estradas
A través dunha pregunta ao goberno sobre as medidas de seguridade viaria na estrada AC-543 na zona da Barcia no concello de Santiago, o deputado do BNG, Luís Bará cuestionou o criterio para determinar as zonas de concentración de accidentes. Para o deputado, moitas persoas que viven na contorna das estradas “séntense ameazadas á hora de saír á rúa ou cruzar a estrada e sen embargo esta circunstancia non se ten en conta”.
No debate sobre seguridade viaria, Bará criticou que o Partido popular só atenda as demandas nesta materia dos concellos afíns como Sanxenxo, sen embargo, Poio a pesar de solicitar convenios para diferentes treitos, entre eles a urbanización da Barca. O concello de Poio non foi atendido nas súas demandas, a pesar de seu compromiso para asumir parte da financiación das obras.
Dentro das actuacións na estrada PO-308, respondeu o nacionalista ao director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez Iglesias, só fixeron un convenio co concello de Sanxenxo “por puro partidismo” con Telmo Martín.
Sobre o Plan de sendas, Bará ironizou ao explicar que si só é pavimentado un carril dos dous que hai nas estradas parece que facemos o “dobre de pavimentación” e isto é o que está ocorrendo. Dende o BNG reclamamos “actuar na totalidade da vía” porque hai persoas que viven nas dúas marxes e necesitan cruzar as estradas e “os pasos de peóns son claves”.
No caso da zona da Barcia, a veciñanza segue reclamando seguridade polo que pediu elaborar un estudo con medidas concretas encamiñadas neste punto tan sensible da estrada. O Plan de sendas está ben, reiterou pero é preciso acompañalo doutras medidas, concluíu o nacionalista.