Jorquera: "Sr Feijóo leva vostede unha sombra pendurada que o acompaña onde vaia"

Francisco Jorquera pediu a  dimisión do Presidente da Xunta pola súa relación co narcotraficante, Marcial Dorado

Nunha tensa sesión plenaria, o portavoz do grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera pediu de novo a dimisión do Presidente da Xunta polo “gravísimo dano á imaxe de Galiza” que está a causar a súa relación co narcotraficante, Marcial Dorado.

No transcurso da pregunta oral ao presidente, Jorquera acusou a Feijóo de “levar unha sombra pendurada que o acompaña onde vaia” e mostrou un xornal mexicano que titulaba, “político vinculado co narco visita a Peña Nieto” relacionado coa recente visita do Presidente da Xunta ao país azteca.

O portavoz parlamentario do BNG afirmou que “as preguntas chave” sobre as fotos de Feijóo seguen sen resposta polo que volveu a interpelar ao titular da Xunta sobre as viaxes realizadas con Marcial Dorado, datas, lugares e quen as pagou así como quén pretendeu chantaxealo durante un tempo ao coñecer a súa relación e material fotográfico co narcotraficante.

Feijóo e o PP minten de maneira sistemática para agochar a relación con Dorado

Para o deputado do BNG, tanto Feijóo como o Partido popular incorreron “en graves contradición” ao negar a existencia de contratos entre a Xunta e as empresas de Marcial Dorado que despois despois admitiu pero como fai sempre, dixo, “tirando a pedra e agochando a man”, ao lanzar “unha insidia” contra o Bipartito.

Ante as acusacións de Feijóo sobre as axudas do Bipartito ás empresas de Marcial Dorado, Jorquera afirmou que “estaban regradas” e o goberno non podía facer discriminación para non incorrer en “prevaricación”.O deputado do BNG recriminou que o Presidente non explicara os contratos da administración “á que vostede si pertencía”.

 Feijóo delatase cunha frase

Se tivese a máis mínima información “non tería posado para esas fotos” con esta frase dixo, Jorquera, “vostede delatase” porque o graves non son ás fotos senón “o que revelan” e reiterou unha batería de preguntas que de novo non acadaron resposta do Presidente.

Fijóo fai oposición aos grupos da oposición 

Esta situación provocou que o portavoz do BNG suxerira a Feijóo modificar o regulamento do Parlamento e incluír na orde do día dos plenos as preguntas do Presidente e a sesión de control “á oposición” por que vostede, criticou, “só sabe escaquearse”.

Bota balóns fora para non responder sobre a evasión fiscal, o branqueo de capitais, os subornos continuados a axentes da Garda Civil porque, sobre Marcial Dorado tamén pesa unha condena por subornos cando vostede mantiña unha “estreita relación con el” ou tamén descoñecía isto, preguntou.

Jorquera engadiu que no xuízo aberto pola Audiencia Nacional contra Marcial Dorado, figura como acusado Feliz Pancorbo por branqueo de capitais e pertenza a organización delictiva, sabe quen é esta persoa preguntou? o avogado de Pablo Crespo e outros presuntos implicados na trama Gürtell, que casualidade Sr. Feijóo!, descoñecía vostede isto tamén?

O portavoz do BNG concluíu solicitando outra vez a “dimisión” do Presidente da Xunta por “ética, decencia e hixiene democrática”.