Jorquera: PP e PSOE son culpábeis do fiasco das Caixas galegas
Para o parlamentario, a desaparición das caixas é froito da irrespobabilidade dos seus directivos e dun deseño de Estado que as forzou a súa bancarización e privatización
O portavoz do grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera afirmou hoxe, en sede parlamentar, que a desaparición das caixas é produto dunha xestión irresponsable dos seus directivos e dun deseño de Estado que forzou ás entidades financeiras a súa bancarización e privatización.
Tras a xornada da mañá da Comisión de Investigación, Jorquera acusou ao Partido popular e socialista de provocar cambios normativos que conduciron ás caixas a súa desaparición, PP e Partido socialista negociaron e votaron conxuntamente todos estes cambios, afirmou.
Escusas da Conselleira de Facenda e Gobernador do Banco de España para non comparecer no Parlamento galego
Sobre este extremo, o nacionalista manifestou que a principal demostración son as desculpas de mal pagador expostas por Miguel Angel Fernández Ordóñez e Marta Fernández Currás para non comparecer na comisión de investigación que se celebra no Parlamento galego.
Para o deputado, non comparecer significa ter algo que agochar xa que no caso contrario, dixo, non habería ningún problema para responder ás preguntas sobre as entidades financeiras galegas nesta comisión de investigación.
Cómo é posible que se negue a comparecer o Gobernador do Banco de España e a conselleira de Facenda nun período clave para analizar o que aconteceu coas caixas, preguntou.
Ante a negativa a comparecer de Fernández Ordoñez, Fernández Currás e Almunia, o portavoz nacionalista expresou a súa enérxica protesta e anunciou que o BNG solicitará no Parlamento galego adoptar todas as medidas pertinentes co fin de obrigar a comparecer a estas persoas no Congreso dos deputados para que expliquen a falta de respecto ao pobo galego representando polo seu Parlamento.