Jorquera: "O PP presume de cumprir o déficit pero Galiza non medra"
O parlamentario do BNG, Francisco Jorquera respondeu ao conselleiro de Facenda que é especialista en cumprir o que lle ditan aínda que sexa prexudicial para Galiza
Tras a comparecencia do conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez para dar conta do peche de exercicio 2015 e o cumprimento do obxectivo de estabilidade orzamentaria, o portavoz parlamentario do BNG afirmou que é o campión no cumprimento dos obxectivos de déficit pero a nosa economía segue medrando por debaixo da media estatal. No extremo contrario, engadiu, o nacionalista están Cataluña e a comunidade valenciana, as máis incumpridoras pero cunha economía que medrou por riba da media.
Jorquera ironizou e dixo que Galiza é a medalla de prata no cumprimento dos obxectivos de déficit pero en PIB per capita, descendemos ao décimo posto. Temos 62.000 desmpregados máis, o rítmo de destrucción de emprego duplicase e descende no dobre a taxa de ocupación e a taxa de actividade baixa 4 puntos, por 1,7 no Estado español. Estes datos confirman que o seu virtuosismo constiste en cumprir o déficit que lle ditan, aínda que sexa prexudicial para o noso país.
Os obxectivos de déficit impostos polos Goberno central están ao servizo do seu modelo centralista e antisocial con recortes nas CC.AA nos servizos públicos e nas políticas sociais pero vostedes, mentras tanto en troques de cuestionar este modelo, prefiren ser alumnos obedientes. Dende o ano 2009 recortaron case dúas mil prazas de persoal na Sanidade e mil no Ensino.
Un reparto do déficit inxusto
O reparto do déficit, recalcou Jorquera, é totalmente inxusto porque o Estado central xestiona pouco máis do 50% do gasto público pero reservouse para si o 83% do déficit mentres impuxolles como límite máximo as Comunidades Autónomas, o 17%. O seu Goberno en vez de denunciar ao Goberno central por incumprir a lei comportase como un alumno pelota e chivato e esixe que castigue a outras comuniades, sen embargo, Cataluña xa anunciou que non fará ningún recorte máis como lle esixe Montero nunha carta.
As políticas do Partido popular poñen en perigo o sistema de pensións, degradan as condicións laborais, rebaixan cotizacións empresariais e botan mán do fondo de reserva para financiar partidas que non deben ser soportadas polas contizacións sociais.
Jorquera concluíu a súa intervención preguntando ao conelleiro de Facenda se os traballadores, que é o único grupo que medra, poden vivir con menos da metade do salario mínimo. O parlamentario criticou o autobombo e satisfación dos datos de déficit presentados por Martínez ao lle pediu que as árbores non lle impidan ver o bosque porque a fenda mantense e Galiza segue nun devalo social, económico e demográfico.