Jorquera: "Desinvestir en educación é desinvestir en capital humano"
O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, interveu no Pleno para deixar claro o voto en contra do BNG ao Real Decreto que contempla os recortes en Educación.
Jorquera censurou a linguaxe eufemística do PP posto que no decreto dí que trata de introducir elementos de reacionalidade e eficiencia no sistema educativo, que redundarán nunha mellor prestación deste servizo público. E afirmou que vivimos tempos de eufemismos, de edulcoración e manipulación da linguaxe que neste caso raia no máis desvergonzado cinismo.
Invade competencias autonómicas
O candidato do BNG á Xunta denunciou que o este Decreto constitúe un ataque en toda regla ao sistema educativo público e á calidade do ensino. Nun estado onde o investimento en educación está moi lonxe da dos países máis avanzados. Afirmou que as medidas son totalmente regresivas, atentan contra a igualdade de oportunidades e degradarán a calidade do ensino.
O incremento de aulas por aula levará á masificación é a máis fracaso escolar
Jorquera criticou o aumento das taxas universitarias que provocará que o prezo das matrículas se aproxime aos das Universidades privadas, impedindo que as públicas cumpran a función de contribuir á igualdade de oportunidades. No ámbito do bacharelato, sinalou que a eliminación do requisito de ofertar dúas modalidades alonxará as posibilidades de acceso ao bacharelato e aos estudos universitarios, sobre todo en ámbitos non urbanos.
O incremento de alunos por aula levará á masificación, e a máis fracaso escolar. As limitacións ás substitucións de profesores de baixa ou a elevación da xornada lectiva semanal terá como consecuencia que os profesores teñan que impartir materias das que non son especialistas.
É impúdico recortar 10.000ME en educación e sanidade e inxectar 15.000 na banca privada
O portavoz do BNG no Congreso reprochou ao Goberno de Rajoy que opte máis unha vez polo decretazo, furtando o debate parlamentar sosegado e riguroso. Puxo de manifesto que se invaden competencias autonómicas sen consultar ás CC.AA destes recortes.
As persoas non son un activo tóxico
Jorquera considerou impúdico e inmoral que mentras se aproban recortes de 10.000 millóns en sanidade e educación, o Estado destine 15.000 millóns á banca privada. E rematou sinalando que desinvertir en educación e sanidade é desinvertir no capital humano, e señores do Goberno, as persoas non son un activo tóxico.