Jorquera anuncia unha "ofensiva parlamentaria" contra a fraude dos cursos de formación

A dimisión da conselleira de traballo, Beatriz Mato e que Feijóo asuma as súas responsabilidades na fraude reclamacións do BNG no Parlamento galego

O portavoz do BNG no Parlamento galego, Francisco Jorquera anunciou hoxe, tras a reunión da Xunta de Portavoces, “unha ofensiva parlamentaria polo escándalo dos cursos de formación”.

Na comparecencia ante os medios de comunicación, Jorquera tamén anununcióu a creación dunha comisión de Investigación e presentación dunha moción que recolle entre outras medidas, “o cese da conselleira de Traballo, Beatriz Mato” como responsábel do principal departamento implicado na fraude dos cursos.

 Asemade, a pregunta que formulará o portavoz do grupo parlamentario do BNG a Feijóo será de novo sobre se o Presidente da Xunta “vai a seguir sen asumir responsabilidades por este escándalo” porque ao seu entender, dixo, “as responsabilidades non rematan na Sra. Mato”.

Jorquera engadiu que “novas revelacións apuntan a Núñez Feijóo” e recalcou que ademais de ser o Presidente da Xunta tamén o é do Partido popular de Galiza.

Sobres con cartos negros para financiar o Partido popular

O nacionalista finxo fincapé na vinculación do Partido popular na trama dos cursos de formación como demostran as declaracións da antiga contábel de Gerardo Crespo ao afirmar que achegou “cartos negros” da empresa para “facer dous sobres destinados o Partido popular”.

Jorquera cualificou de “extrema gravidade” as manifestacións de Gerardo Crespo admitindo que tivo “en nómina” a Pachi Lucas ao que se refire como “amigo intimo de Feijóo” e abonou durante ano e medio 3.000 euros de soldo para que fora o seu “abreportas”.

Segundo declarou Crespo, dixo o nacionalista, foi “o propio Feijóo que avisou a Lucas dos pinchazos” e foi Lucas a persoa que informou de estar sendo investigado pola policía. Pola súa parte, Gerardo Crespo, explicou Jorquera, repróchalle a Feijóo non telo avisado como demostra esta frase: “si yo tengo en plantilla a su mejor amigo, que duerme muchas veces en Monte Pio, lo mínimo es decirme, tienes pinchado el teléfono”.

Para o parlamentario do BNG estes son indicios de estar ante unha trama “coñecida e consentida” entre outras cousas para o “financiamento irregular do Partido popular e con responsabilidades ao máis alto nivel.

O BNG non parará ata que se investigue e se depuren responsabilidades, reiterou Jorquera.

O parlamentario rematou a súa intervención anunciando os debates, á inicitiva do BNG,previstos para a vindeira sesión plenaria destacando: a proposición non de lei sobre medidas contra a violencia de xénero, reposición das emisión de onda corta de Radio Exterior de España, débedas das comunidades de montes derivadas de consorcios que a Xunta quer utilizar para unha expropiación entregando a xestión de montes a empresas forestais privadas , situación de desprotección das persoas discapacitadas do centro San Francisco en Vigo e incumprimento da lexislación vixente en materia de contratos co sector público na execución da Autovía da Costa da Morte.

Nesta cuestión, denunciou a modificación “ad hoc” da lei de contratos para “beneficiar á concesionaria da Costa da Morte”. Cons este cambio nos orzamentos, os galegos e galegas asumiremos 700 millóns dunha obra que inicialmente custaba de 200.