A invitación do BNG, vítimas do Alvia levarán a Bruxelas o sinistro de Angrois
A Responsábel do BNG en Bruxelas, Ana Miranda, sinala que o obxectivo da visita é trasladar ao Parlamento europeo a necesidade de analizar con objectividade as causas do tráxico accidente do Alvia na curva de Angrois, aquel fatídico 24 de jullo de 2013. O BNG demandou en numerosas ocasións a constitución dunha Comisión de
Investigación parlamentar no Congreso e na Cámara galega, porque existen responsabilidades políticas, e son evidentes os fallos e as deficiencias en seguridade. Moitos expertos sinalaron ao longo deste tempo, que de estar operativo o ERTMS, o accidente non tería sido da mesma envergadura.
Ana Miranda pón de manifesto que o BNG continuará a demandar xustiza no sinistro do Alvia, algo que debemos a todas as vítimas e afectados do primeiro accidente de alta velocidade da historia do ferrocarril do estado español. Merecen a verdade e que se chegue até o fondo.
O programa da visita será o seguinte:
A visita dará comezo o martes, 17 de novembre ás 10,30 h, cunha xunta na sede da Direción Xeral MOVE, na Comisión, co director xeral responsábel de Seguridade Ferroviaria para abordar a inoperatividade do ERTMS no accidente.
Ás 13 horas, os representantes da Plataforma realizarán declaracións aos medios de comunicación e protagonizarán un acto simbólico en memoria das vítimas do Alvia á entrada principal do edificio Berlaymont.
Asemade, e a partir da tarde, manterán reunións con europarlamentares de distintos grupos da Cámara, entre elos, eurodeputados do estado español.
Ás 18 horas, realizaráse unha xunta co Presidente da Comisión de Transporte da Eurocámara, Michael Cramer, nas súas dependencias.
Finalmente, a axenda terminará ás 18,45 horas, coa proxección do documental Frankenstein 04155 na sala ASP1G3 do Parlamento Europeo, e que contará coa presenza do seu director, o galego Aitor Rei. Unha vez finalizada a proxeción, terá lugar un debate sobre o tema.