Iniciativa para o Estado anular as multas a afectados polas preferentes
Os parlamentares do BNG denuncian na súa iniciativa parlamentar que afectados do escándalo das participacións preferentes empezaron a recibir sancións administrativas por un importe de 300 euros, emitidas pola Subdelegación de Goberno de Pontevedra, pero parece que se vai estender a outros lugares.
Segundo a Subdelegación do Goberno, estas multas débense á participación dos afectados en accións de protesta. Jorquera e Davila deixan claro que os cidadáns estafados polo escándalo das preferentes se vén obrigados á saír á rúa para reclamar o carto que se lles estafou por parte dos bancos mediante un engano para que investisen os seus aforros en produtos de alto risco.
Sempre contras os cidadáns.
Segundos testemuñan, as primeiras multas foron emitidas a raíz da concentración do pasado 26 de abril ante a sede central de Novagalicia Banco en Vigo. Davila e Jorquera trasladan ao Goberno o malestar das plataformas de afectados que cualificaron a imposición das multas como un feito vergoñento que non pretende outra cousa que disuadir das protestas.
Os parlamentares do BNG poñen de manifesto que os afectados se organizaron para recorrer as sancións. Por iso, recalcan, o Goberno debería rectificar e suspender a tramitación destas sancións xa que os cidadáns se limitaron a exercer pacíficamente o dereito de manifestación para denunciar a estafa bancaria da que foron vítimas. Ademáis, lembran que o propio Ministro de Economía recoñeceu no Congreso que a emisión das participacións preferentes no merado minorista supuxo un engano masivo a pequenos aforradores.
O BNG demanda ao Goberno que dirixa os seus esforzos noutra dirección: a de depurar as responsabilidades nas que incorreron as entidades financeiras, os supervisores e o propio Goberno ao permitir a comercialización destes productos e adoptar medidas que garantan a devolución do carto investido aos miles de cidadáns afectados por esta estafa.
Eses son os motivos polos que formulan unha serie de preguntas ao Goberno: A que se debe este modo de actuar con cidadáns que exercen o seu dereito de manifestación para exixir a devolución do seu diñeiro despois de ter sido vítimas dun engano masivo? Vai o Ministerio de Interior a dirixirse ás distintas Subdelegacións de Goberno para que se anulen as sancións emitidas?.