O informe 2009-2011 do Tribunal de Contas certifica a transparencia e legalidade das contas do BNG
O informe do Tribunal de Contas relativo ao periodo 2009-2011 salienta a transparencia e legalidade da contabilidade do BNG, algo do que non pode presumir o PP que está sendo investigado pola xustiza por presunto financiamento irregular cos casos Bárcena e Gürtel, explica o secretario de organización, Bieito Lobeira.
O BNG salienta ademais que o informe en ningún caso fala de quebra técnica senón que demanda axustar a súa actividade económica para acadar o necesario reequilibrio patrimonial, en definitiva, para equilibrar o balance en termos de ingresos e gastos, algo que o BNG xa ten levado a cabo través dun plan de axuste para reducir débeda de tal xeito que, na actualidade, a situación financeira ten mellorado substancialmente.
Igualmente, a formación nacionalista explica que os seus ingresos no período analizado a día de hoxe proceden nun 55% das subvencións aos partidos políticos en función da súa representación e nun 45% das aportacións da militancia e dos cargos institucionais do Bloque Nacionalista Galego.
O BNG non se financia coas aportacións opacas de grandes empresas e corporacións, ni de lobbies económicos de Madrid, como no caso doutras formacións políticas como o PP que, como contrapartida, pon o BOE a disposición dos intereses destes poderes económicos e financeiros, denuncia Lobeira.