Á inciativa do BNG, o Parlamento acorda acreditar aos traballadores do Dispositivo contra incendios

A deputada do BNG, Tereixa Paz reclamou, a través dos organismos competentes, promover as prazas necesarias para a acreditación e formación profesional para as novas unidades do dispositivo de extinción e prevención de incendios forestais

 A parlamentaria do BNG, Tereixa Paz reclamou, a través dunha proposición non de lei adoptar as medidas necesarias para acreditar e formar profesionalmente o persoal do dispositivo de extinción e prevención de incendios forestais, incluídas as brigadas de reforzo do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

Pola súa parte, o portavoz do partido popular, Cesar Fernández Gil anunciou o voto favorable á iniciativa nacionalista e pediu incluír no texto o perfil de mellora e conservación de montes.

Na réplica, a deputada agradeceu o apoio de todos os grupos parlamentarios e insistiu en que o recoñecemento de bombeiros forestais debe ir acompañado dos dereitos da Seguridade Social e impedir a privatización dos servizos.

 Tereixa Paz aludiu a relevancia do acordo acadado hoxe no Parlamento galego e que ten que ir aparellando ao “recoñecemento a categoría de bombeiro forestal” porque é a única forma, dixo, de “blindar o dispositivo fronte a privatización e garantir a profesionalización”.

A parlamentaria advertiu que “en caso contrario” corremos o risco de chegar ao ano 2019 con traballadores de empresas forestais privadas acreditados para ese cometido e traballadores públicos “sen esa acreditación”.