Por imperativo legal, co compromiso de defender os dereitos sociais e nacionais do pobo galego
Jorquera, en declaracións aos medios logo da sesión constitutiva do Parlamento, comprometeuse a exercer unha oposición firme e contundente ao Partido Popular, pondo enriba da mesa propostas alternativas que demostren que outras políticas son posíbeis, que poñan por diante os intereses nacionais de Galiza, os intereses da sociedade frente aos intereses dos dictados dos grandes poderes económicos.
O portavoz parlamentar criticou que a primeira decisión que se adopte no comezo desta IX Lexislatura sexa a dunha constitución da Mesa que racha coa base democrática dun Parlamento plural, que sexa reflexo da sociedade plural.
Por imperativo legal
Lamentamos que PP e PSOE decidiran finalmente unha composición bipartidista dos órganos rectores da Cámara, excluindo o resto dos grupos parlamentares.
Os sete deputados e deputadas do BNG prometeron o seu cargo por imperativo legal, comprometéndonos a defender os dereitos sociais e nacionais do pobo galego.
Orozco
A preguntas dos xornalistas sobre a imputación do acalde de Lugo, Xosé López Orozco, Jorquera lembrou que no sistema legal español unha imputación non é unha inculpación, polo tanto hai que defender a presunción de inocencia.
Dito isto engadiu- o BNG ten como norma para preservar as institucións en casos como este que por hixiene democrática os cargos públicos cando son imputados deben dimitir e, por tanto, neste caso concreto abandonar a corporación municipal.
http://youtu.be/yzDdnjE5L4I