@guillermegz: "Un presidente que arruina o pobo ten que irse e xa"

O portavoz nacional, Guillerme Vázquez, empregou a súa conta en Twitter -@guillermegz- para comentar ao vivo a esperpéntica conferencia de imprensa en que Rajoy se referiu permanentemente ao rescate de España como "lo ocurrido ayer". Esperpéntica porque Rajoy se esforzou en presentar o rescate como un logro.

"Un Presidente, que falta a palabra, minte, arruina ao pobo, e no canto de dar a cara, lárgase a ver un partido de fútbol, ten que irse e xa", afirma Guillerme en Twitter.

Engade Guillerme que "pois nada, non ten remedio. Rajoy comparecendo, e contentisimo co rescate.Un éxito di. O dito".

Para concluír, o portavoz nacional refréscanos a memoria: "O anterior rescate, que comandou Rajoy, foi o do Prestige".