Guillerme critica na Mariña que o PP quita diñeiro do ensino e da sanidade para darllo aos bancos
O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, cualificou de absolumante inaceptábel, que o goberno do PP retire fondos públicos da educación e da sanidade para entregalos, día si e día tamén, aos sumidoiros da banca.
Guillerme lembrou que o próximo domingo, día 3, haberá en Santiago unha mobilización en defensa dos servizos públicos galegos, en defensa da sanidade e do ensino públicos, uns servizos -subliñou- que para o BNG son dereitos dos cidadáns e non estamos dispostos a renunciar a eles.
Neste sentido, denunciou de que é evidente que a política que está facendo o PP de recortes de gasto social para que eses fondos públicos vaian aos sumidoiros da banca un día si e outro tamén é absolutamente inaceptábel.
Por iso, insistiu en que dende o BNG esiximos un cambio de rumbo nunha política que é absolutamente desastrosa.
http://www.youtube.com/watch?v=xfsaamh-uO4