Grande afluencia de cidadás e cidadáns no acto da Coruña

Centos de persoas asistiron, e fixérono de forma moi participativa, ao acto que celebrou este serán o BNG da Coruña dentro da campaña Día da Patria Galega 2012 Rescata os Teus Dereitos. En Bloque Podemos!

Non se limitaron a escoitar as intervencións de Xosé Manuel Carril e Guillerme Vázquez -portavoz do grupo municipal e portavoz nacional, respectivamente- senón que tomaron parte activa no acto de formas diversas: improvisaron consignas ("Queremos Traballar e non Emigrar" "Rajoy Demisión"), enarboraron cartaces, portaron faixas, interrumpiron en moitas ocasións os discursos cos seus aplausos.

"Insumisión. Rebelión. Nada de resignación", receitou Guillerme, tan enérxico e vehemente na súa intervención como Carril. Ambos acharon eco e moita resposta nun moi emotivo auditorio. Todo apunta a un 25-X histórico dentro de xa moi poucos días en Santiago.

 

Velaquí as fotografías deste acto coruñés.

[gallery link="file" columns="2" orderby="rand"]