O goberno marroquí impide a entrada no Aaiún a unha delegación galega na que participa o BNG

 

A delegación está conformada por deputados e deputadas do Parlamento Galego, entre elas Monste Prado, deputada do BNG, así como da asociación SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharaui)

 

O obxectivo da visita o Aaiún era verficiar cal é a situación na que se está o pobo saharauí que vive nos territorios do Sáhara Occidental, ocupados ilegalmente por Marrocos desde hai 40 anos. Este país ten pechado e blindado completamente o territorio para impedir que observadores internacionais poidan dar conta da situación e do que está a pasar co pobo saharauí.

Este illamento permítelle a Marrocos aumentar a violencia contra o pobo saharauí nun espazo hermético, nunha prisión ao aire libre, onde os dereitos humanos do pobo saharauí son violados acotío.

E mentres tanto, a ONU consinte e apoia ao ocupante opresor, sen condenar nin castigar a Marrocos pola expulsión da MINURSO, ao tempo que este país consigue que desapareza o foco mediático sobre a violación de dereitos humanos, opoñéndose á volta da MINURSO.

È precisa toda a presión, política e mediática, para rematar coa esta barbarie, con un conflicto que dura xa 40 anos nun territorio que non foi descolonizado polo Estado español, senón ocupado, ao que cada vez se lle negan os seus dereitos con maior crueldade, empezando pola ONU e seguindo pola "comunidade internacional", da que forma parte o Estado español, que mira para outra parte.