O Goberno de Feijóo “incapaz” de determinar para cando os contratos con PEMEX

Carme Adán non consigue arrincarlle ao conselleiro de Industria unha data na que os estaleiros comecen a cortar chapa

 Pleno- A través dunha pregunta parlamentaria ao Goberno galego, a parlamentaria do BNG, Carme Adán leu a resposta “literal” do conselleiro de Industria na Cámara galega na que afirmaba que os contratos con Pemex xa estaban asinados “co visto e prace da avogacía do Estado, de Navantia, da Sepi e polo tanto o visto e prace do Goberno de España”.

Ante a inconcreción do conselleiro para determinar a situación real dos devanditos contratos, a deputada lembrou que o propio presidente Feijóo na precampaña electoral xa se refería aos floteis como “singulares” con capacidade para pegarse ás plataformas petrolíferas sen rexistrar oscilacións, cunha eslora de 131 metros e unha manga de 27 metros e 7.000 Tm de peso morto, esta é a información que temos, dixo, a nacionalista, o que queremos saber é cal é a situación real á que se enfrontan aquelas persoas que anelaban os 3.000 postos de traballo que logo se reduciron a 500 nunha comparecencia do director xeral de Industria.

Hai moitas persoas en Ferrol e Vigo, asegurou que creron no PP porque calquera tipo de carga de traballo era benvida, agora, volvemos a preguntar “que pasa cos contratos de PEMEX?”

Contrato de Pemex versus misterio sen resolver

A deputada que comezou a súa intervención comparando de maneira irónica o “misterio dos contratos de Pemex” cos misterios dos límites do Universo, o de Fátima ou quen matou a Laura Palmer da serie televisiva Twin Peaks, pediu luz sobre unha cuestión que preocupa de maneira central ao sector do naval galego, e volveu recordar a comparecencia do conselleiro de Industria o pasado día 11 de xaneiro do 2013 na comisión 3ª de orzamentos onde afirmou: “Unha aposta decidida firme no sector naval e que no caso da alianza con Pemex terá seu desenvolvemento a través dun contrato que como saben xa se firmou que ten o visto e prace da avogacía do Estado, o visto e prace de Navantia, o visto e prace da propia Sepi e que polo tanto ten o visto e prace do Goberno de España, este contrato non depende de ningún tipo de licitación interna entre PMI e PEP porque PMI xa no seu momento confirmou por escrito que desenvolverá este contrato nas súas condicións...a situación actual está simplemente condicionada á constitución dos avais por parte dos estaleiros, neste momento o contrato poderá entrar en vigor...”

Sr. Concelleiro preguntou a deputada, os contratos de PEMEX que!!!