Galiza deixará de arder cando se poña en valor o mundo rural

A lacra dos incendios que cada ano fai arder o país só terá solución cunha política agraria e forestal activ

a a longo prazo que acabe co abandono do medio rural e poña en valor os montes.

“O problema de fondo dos incendios é o abandono do mundo rural. A maneira de  acabar cos lumes é aplicando unha política agraria activa de longo alcance que poña en valor o noso monte e que free o abandono do mundo rural”, explicou o portavoz nacional, Xavier Vence, quen inclúe nesa política “cambios na estrutura de propiedade da terra” co obxectivo de que “o medio rural sexa un medio de xeración de vida e de traballo”.

Para o portavoz do Bloque, os incendios deste verán “son a consecuencia das políticas de abandono do PP ao longo destas décadas, que fai que hoxe en Galiza haxa menos emprego rural que na provincia de Murcia, un absoluto despropósito que hai que cambiar con políticas que temos que pensar no inverno para que no verán non haxa incendios”, argumentou.

 

Se temos o monte limpo, se o valorizamos no arderá e, aínda de darse algún lume, se atallaría con máis rapidez e con menos coste económico e ambiental, alegou.

 

Vence reclamou para o país “unha política activa de desenvolvemento agrario para fomentar o mundo rural, que deber ser innovador, con calidade de vida e fonte de creación de emprego para a xente moza”. “Apagar os montes non evita que o noso territorio quede arrasado, pese ao enorme estrago de recursos públicos que conleva que paga o conxunto da sociedade galega”, insistiu o portavoz nacional.

O portavoz nacional encabezou ampla representación do BNG que participou na manifestación Por unha Galiza sen lumes, convocada pola Plataforma Monte Pindo parque natural.