Galiza amosa a súa solidariedade co pobo palestino

Centos de persoas participaron nas concentracións convocadas polo BNG para este luns pola tarde nas principais vilas e cidades galegas en apoio ao pobo palestino e contra a nova agresión do Estado de Israel, que dende hai días masacra á poboación civil de Gaza.

Galiza amosou a súa solidariedade con Palestina denunciando a pasividade da comunidade internacional ante o xenocidio do pobo palestino e reclamando, tamén ao Goberno español, unha solución xusta para Palestina, que pasa pola creación dun Estado propio, a fin da colonización israelí e o respeito aos dereitos humanos.

De seguir ofrecemos no Flickr do BNG unha escolma de fotos das concentracións de onte:

http://www.flickr.com/photos/bloquenacionalistagalego/8198335393/