Galería de fotos dun 17-M multitudinario
18 de maio de 2012 (13:11 h.)
Non son só os 25.000 corazóns os que latexaron en Santiago en pro da lingua galega: son moitos máis os que no resto do País o fixeron ao unísono con aqueles. Galiza resístese, claro que si, aos deseños uniformizadores dos que si queren impor unha lingua, a que historicamente se nos ten imposto ás galegas e aos galegos desde fóra, a lingua española.
[gallery link="file" columns="4"]
A manifestación deste 17-M foi unha perfeita metáfora da resistencia dun pobo, unha resistencia pacífica, até festiva e profundamente sentida.
Esta galería de fotos ilustra ben como se desenvolveu unha nova manifestación histórica (e van...!) a favor da lingua galega e contra o goberno lingüicida de Feijóo.