Enérxica repulsa do BNG ante o asasinato dunha muller en Narón, vítima da violencia machista

O BNG quer expresar a súa máis enérxica repulsa perante o asasinato dunha muller en Narón, cometido este luns, no que segundo todos os indicios constituiría un novo caso de violencia de xénero no noso país.

O BNG quer transmitir a súa máis profunda solidariedade aos familiares e achegados da vítima.

A violencia de xénero con resultado de morte é a expresión estrema da discriminación negativa que aínda sofren as mulleres nunha sociedade que continúa a estar dominada polo discurso e polas prácticas machistas