Elnosa permanecerá en Pontevedra amparada por un cambio normativo do PP
En resposta a deputada Montse Prado, Hernández non confirma o peche definitivo de Elnosa e xustifica a súa permanencia nun cambio de normativa do Partido popular
A Montse Prado exhibiu desde o escano varias reseñas de prensa con declaracións do conselleiro de Medio Ambiente afirmando que o peche definitivo terá lugar o 6 de xaneiro de 2014 de maneira innegociábel e improrrogábel
Pleno-A deputada do BNG, Montse Prado, a través da pregunta parlamentaria formulada hoxe ao conselleiro de Medioambiente relativa ao peche de Elnosa asegurou que a empresa, con tecnoloxía baseada no mercurio, é responsable dun alto nivel de contaminación na ría de Pontevedra.
O 9 de decembro do ano 2011, lembrou, o conselleiro de Medio Ambiente afirmaba, na sede da Xunta en Pontevedra, hoxe iniciase a conta a trás do peche definitivo de Elnosa na ría de Pontevedra ata o vindeiro 6 de xaneiro de 2014.
Ademais, dixo, o conselleiro manifestou publicamente que o peche sería innegociábel e improrrogábel ao que sumou o compromiso do Presidente da Xunta, formulado o 27 de decembro cando afirmou que a marcha de Elnosa no 2014 resulta unha mostra de que cumprimos con Pontevedra.
Despois deste recordatorio, dixo, vostede converteu o seu compromiso nun protocolo de colaboración coa empresa quimiqueira prorrogando a autorización ambiental integrada (AAI), do 2014 até o 2017 polo que a planta permanecerá en Pontevedra utilizando mercurio e envelenando a ría, sentenciou a deputada.
Montse Prado preguntou porque o Goberno galego rectificou o seu propio acordo e que oculta con este protocolo, porque desde o BNG pedímolo en reiteradas ocasións e vostedes néganse a facilitárnolo.
Qué data de caducidade e validez teñen as súas declaracións Sr. Conselleiro, ironizou a nacionalista si no no 2011 afirma publicamente que Elnosa abandonará a ría e despois amplía en tres a súa permanencia.
Prado cualificou de vergoñenta a xestión do titular de Medio Ambiente e advertiu de posíbeis intereses de Hernández e do PP en actuar como delegados da empresa para utilizar a porta xiratoria como fixeron con Carlos del Álamo, Isabel Tocino e Fernando Abril Martorell no Consello de Administración, ao mellor, dixo, é que aínda precisa enchufar a alguén máis.
Pola súa parte, o conselleiro Hernández zanxou o tema asegurando que houbo un cambio normativo no Estado español nesta materia e asumiu que o PP renovara a Autorización Ambiental Integrada de Elnosa ante o recurso presentado pola empresa Elnosa.