Día da Visibilidade Bisexual

Combatamos todas as discriminacións!

Man LGBT

Desde o noso compromiso para coa defensa dos dereitos colectivos e individuais do pobo galego, o BNG non pode menos do que solidarizarse co colectivo LGBT da Galiza no seu conxunto e moi especialmente coas persoas bisexuais como vimos facendo cada 23 de setembro con motivo do Día da Visibilidade Bisexual.

Así, pois, denunciamos todas as discriminacións LGBTfóbicas, especialmente a dupla discriminación que sofren as persoas bisexuais, tanto dentro como fóra do colectivo.

A discriminación bifóbica susténtase en mitos tristemente moi estendidos (p.e. non é máis que unha fase pasaxeira, unha moda...) e na negación da bisexualidade como unha identidade sexual lexítima de por si, onde as persoas bisexuais son a miúdo consideradas homosexuais reprimid@s que se aproveitan dos privilexios heterosexuais.

Esta discriminación e marxinación leva a que as persoas bisexuais son un dos grupos dentro do colectivo LGBT que máis problemas sofre como consecuencia directa da súa sexualidade, relacionados sobre todo coa súa saúde mental (depresión, abuso de substancias, autolesión...), xa de por maior dentro do colectivo LGBT que no resto da sociedade, e que demasiadas veces desemboca traxicamente nun suicidio que totalmente evitábel.

Eliminar os problemas que sofren as galegas e os galegos debido ao seu xénero, identidade sexual, etc., pasa inexorabelmente por combatermos sen tregua todas as discriminacións, incluído a bifobia, para construírmos unha nova Galiza onde camiñemos tod@s xunt@s e iguais cara á liberdade individual e nacional que traballamos para erguer.