Defendamos a escola pública no rural como garante dun rural "vivo" e con futuro

 

O candidato do BNG á presidencia da Xunta, Francisco Jorquera, sumouse hoxe á concentración de apoio á escola pública no rural celebrada en Santiago para amosar así o compromiso e apoio do BNG a un medio rural “vivo” e denunciar as políticas de desprezo que practica o PP no campo galego.

Jorquera asegurou que non hai país no mundo que construíse o seu progreso dende o abandano e desertización do seu rural, polo que foi moi crítico co goberno Feijóo, por ter aplicado unhas políticas ao longo da lexislatura que teñen condeado ao abandono e á ruina o campo galego.

Neste sentido, o candidato nacionalista fixo especial fincapé no desmantelamento de servizos públicos básicos para o futuro do rural como os acometidos no eido educativo, con recortes drásticos de profesores, peches de unidades e unha política de concentración no mesmo espacio de alumnos, nalgúns casos de entre 3 e 12 anos, que é totalmente lesiva para a calidade do ensino.

“A escola pública no rural -dixo- desempeña un papel fundamental de cara a manter o futuro do campo, pois este depende dos seus nenos e mozos, e xoga un papel fundamental na vertebración social do medio, para evitar a desertización e abandono do rural”.

Jorquera encabezou a delegación do BNG que acompañou á marcha das Anpas do Rural até San Caetano e que estivo integrada tamén polas deputadas Carme Adán e Ana Pontón e o portavoz do grupo municipal do concello de Santiago, Rubén Cela.

 

 

http://youtu.be/z6UvHo9NQXQ