Declaración das organizacións de Llotja de Mar diante das visitas anunciadas pola Casa Real a Euskal Herria, Galiza, Catalunya, Valencia e Illes Balears
A poucos días de coñecer un novo episodio de corrupción borbónica, e en medio dunha crise económica sen precedentes, a monarquía española anunciou a súa vontade de se pasear por Catalunya, Valencia, Illes Balears, Galiza y Euskal Herria, como se nada acontecera.
Tras empregar a emerxencia sanitaria, social, económica e de coidados que estamos a padecer para branquear o seu historial cheo de denuncias de corrupción, a monarquía imposta polo franquismo pretendía visitar os nosos pobos para seguir dando pasos na súa campaña de imaxe. Parece que o monarca recibiu a mensaxe da sociedade civil catalá e decidiu suspender a súa visita a Catalunya.
Temos claro que os movementos soberanistas dos pobos do Estado Español debemos seguir o noso camiño, cada cal desde o seu pobo, mais actuando en común ante o Reino de España. Por todo elo facemos un chamamento a tomar parte nas mobilizacións convocadas para amosar o noso rexeitamento á monarquía. É urxente dicir adeus á monarquía e construír as repúblicas dos pobos.
Forman parte da declaración de Llotja de Mar Junts per Catalunya, Crida Nacional, PDeCat, CUP, BNG, Bildu, Esquerra, Mes Per Mallorca, Demòcrates de Catalunya.