Davila urxe a Cañete os informes para que a flota galega poida seguir faenando en Gran Sol

A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, presentou unha iniciativa parlamentar na Cámara para pedirlle ao Ministro de Agricultura e Pesca que canto antes presente ante as autoridades do Reino Unido os dous informes precisos para que o noso sector pesqueiro poida continuar faenando nas augas no Gran Sol.

A parlamentar nacionalista fai referencia á decisión da Joint Nature Conservation Committe, órgao do Reino Unido para a conservación da natureza, que levou ao Parlamento escocés a necesidade de protexer zonas de fondos mariños onde faena a frota de arrastre e de palangre galega.

Entre esas zonas estaría o suroeste do Reino Unido e o noroeste de Escocia. Ambas zonas son caladoiros habituais onde faena a frota galega. En conclusión, sinala, “se decide declarar zonas marítimas protexidas, estaríamos falando dun novo golpe á actividade pesqueira porque afectaría a case un centenar de embarcacións da frota do Gran Sol. Sería un revés para a actividade da frota arrastreira e palangreira que pesca en amplas áreas do caladoiro situado fronte a Escocia, Gran Bretaña e Irlanda”.

Pódese demostrar que os caladoiros poden seguer abertos

A deputada do BNG explica que o sector non critica que o Reino Unido decida restrinxir certas áreas pero cuestiona que esa medida teña que ser extensíbel a toda a área porque as zonas polas que pasaron barcos arrastreiros e palangreiros durante anos non teñen apenas coral ou hábitats vulnerábeis.

Olaia Fernández Dávila recolle as consideracións do sector pesqueiro que sinala que “este aspeito é fácilmente demostrable mediante informes pero que os debe realizar o Goberno español. Precisaríase un informe de impacto que inclúa a denominada en inglés “foot printe”, a pegada de arrastre, e un informe da flotabilidade positiva do palangre que utilizan os pincheiros no Gran Sol”.

Sinalan, afirma a deputada do BNG, que o Goberno conta cos dados das embarcacións que alí pescan, polo tanto non é difícil realizar o “foot print” que demostra que zona é un caladoiro tradicional.

No segundo caso, resulta que o Instituto de Oceanografía xa realizou un informe sobre a flotabilidade positiva do palangre para unha situación similar na área do Antártico.

Dávila pón de manifesto que a propuesta da Joint Nature Conservation Committe xa está no Parlamento escocés. “A reacción por parte da Administración central non se debería facer agardar porque se xoga co tempo en contra”.