Davila pide ao Goberno que o Grupo de Traballo aprobe a dación en pago

A deputada do BNG, Olaia Fernández Davila, rexistrou unha iniciativa parlamentar na Cámara, para coñecer cal vai ser a duración do Grupo de Traballo sobre os desafiuzamentos que anunciou o Goberno no pasado Consello de Ministros, e cais van ser as medidas que vai levar a dita Comisión.

“Teñan en contas as medidas que propomos”

Neste sentido, Davila pide ao Executivo concreción sobre este Grupo de Traballo. Especialmente quer saber se vai estudar medidas como as que propón o BNG na súa proposición non de lei como a necesidade de reformar a Lei Hipotecaria e aprobar a dación en pago.

E medidas como o estabelecemento dun réxime especial no caso da execución de préstamos cando teñen relación coa vivenda habitual ou os negocios. Contemplar moratorias no pago das hipotecas cando se produzan circunstancias económicas adversas, ou a posibilidade de convertir a hipoteca dun aluguer. Contemplar un procedemento concursal específico para permitir a paralización de certas execucións ou cambiar o réxime de tasación para aumentar a porcentaxe de adxudicación ao acreedor. Ademáis, os nacionalistas galegos demandan ao Goberno a aprobación dun Fondo Económico Especial para atender os casos máis dramáticos.

Concreten os prazos que non poden ser dilatados

A deputada do BNG describe o drama social dos desafiuzamentos que cada día son máis numerosos. E critica o Código de Boas Prácticas aprobado polo Goberno hai seis meses que se demostrou ineficaz para afrontar un problema que exixe solucións lexislativas claras. Davila critica a conduta da banca “totalmente inmoral, sobre todo daquelas entidades que se beneficiaron de centos de millóns de euros procedentes dos recursos públicos. Practican unha usura ilimitada”.

Davila lembra que o Consello de Ministros do pasado venres 2 de novembro, a Vicepresidenta anunciou a creación dun grupo de Traballo, “pero non concretou nen prazos nen posíbeis medidas a estudar cando se trata dun problema que require de medidas imediatas”. Nese sentido, a parlamentar nacionalista empraza ao Goberno a ter en conta as propostas do BNG.