Davila:"Opoñémonos á reforma da Lei do Aborto por regresiva e contraria aos dereitos das mulleres"
A modificación da Lei do Aborto superaba hoxe o seu último trámite co debate e votación na Comisión de Sanidade do Congreso antes de pasar ao Senado.
Son uns irresponsábeis
A deputada do BNG acusou ao Goberno de incorrer nunha irresponsabilidade porque vai deixar ás mulleres de entre 16 e 17 anos nunha situación de total desprotección. Con esta reforma vostedes empurrarán a moitas mozas a realizar abortos clandestinos, e porán en serio risco as súas vidas. Neste sentido, é preciso lembrar que o artigo 13.4 da lei vixente xa contempla toda as cautelas necesarias para as mulleres de 16 e 17 anos que deciden interrumpir o seu embarazo.
Davila considera esta modificación totalmente innecesaria e ironizou co título elexido polo Goberno para denominar a lei: proposición de lei orgánica para reforzar la protección, sinalando que o PP cando fixo esta proposta non debeu chamala dese xeito porque considerou que vai na dirección totalmente contraria.
A portavoz do BNG salientou o consenso acadado na lexislatura pasada á hora de aprobar a vixente Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva e de Interrupción Voluntaria do Embarazo. Unha lei moi reflexionada e traballada con persoas do mundo científico, do mundo xurídico, sanitario, educativo, do traballo social ou das ONG´s.
Defendeu as garantías xurídicas e sanitarias que otorga a vixente lei ás mulleres á hora de decidir interrumpir o seu embarazo. E insistiu no feito de que a lei ampara perfeitamente ás menores de 16 e 17 anos.