Davila insta ao PSOE a rectificar o seu veto a Amaiur ou o BNG non se sumará ao recurso

A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, conminou hoxe ao PSOE a rectificar o “seu veto intolerábel e anti democrático a Amaiur, negándose a que asine o recurso de inconstitucionalidade contra o Decreto que non revaloriza as pensións”.

Davila pide ao PSOE que “cambie de postura evitando as exclusións anti democráticas de forzas políticas con representantes parlamentares que foron elexidos democraticamente. A negativa do PSOE é intolerábel desde todos os puntos de vista, e para unha forza política democrática como é o BNG se trata de actitudes que non se poden pasar por alto”.

A deputada do BNG deixou claro que se “o PSOE non retrocede e non cambia de postura, o BNG veráse obrigado a non asinar o recurso de inconstitucionalidade contra o Decreto porque non se pode ir a iniciativas conxuntas impoñendo criterios e exclusións”.

Davila explica que desde a aprobación do Real Decreto hai tres meses para presentar o recurso de inconstitucionalidade.

 

http://youtu.be/y3xzeltvKkw