Davila denuncia as duras e restrictivas condicións para acceder ao Plan Prepara

A deputada do BNG, Olaia Fernández Davila, explicou no Pleno as razóns polas que o BNG votou en contra do Real Decreto polo que se prorroga a prestación para desempregados de longa duración.

Davila criticou que o Goberno “non dea estabilidade a esta prestación. Non a convirten en indefinida senón que volta a estar suxeita a prórrogas e inestabilidades”. Nese sentido, lembrou o que sucedeu no mes de agosto “e non pode voltar a suceder. Unha prestación destas características non debe estar á espera de se vostés deciden prorrogala ou no”.

Endurecen os requisitos para acceder ao Plan Prepara

Ademáis, puntualizou, “non incrementan o financiamento para cubrir estas prestacións a pesar de que o número de parados aumentou nun millón de persoas desde o ano pasado”. Sen esquecer que “vostés reducen as posibilidades de moitos cidadáns para poder acceder a esta axuda”. Denunciou as numerosas restriccións que se fixan no decreto e que fan moi difícil que se poida percibir.

Así, explicou que “dada a situación de falla de emprego vai haber moitas persoas que teñan que regresar á casa dos pais, e non van ter dereito á esta prestación por esa circunstancia”.

Señora Ministra, enfatizou Davila, “cando vosté fala con tanta seguridade de que están a aplicar políticas equitativas, teño que dicerlle que baixe o tón porque lle lembro que nun informe da ONU se alerta das políticas que está a desenvolver o Goberno de Rajoy, consistente en reducir as prestacións sociais o que está conducindo a aumentar a probeza. O que vostés fan non é xustiza social, é inxustiza”.