Davila demanda a Cañete "xestións urxentes na UE porque no caladoiro mauritano faenan barcos chinos"

A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, presentou esta mañá unha pregunta a Cañete para demandarlle que pida explicacións á UE pola presenza de barcos cefalopodeiros chinos no caladoiro de Mauritania de onde se excluiu á frota galega.

A deputada do BNG faise eco das informacións que poñen de manifesto que barcos cefalopodeiros chinos están a faenar no caladoiro mauritano do que se excluiu á frota galega cando se renovou o Acordo de Pesca UE-Mauritania.

Esta é razón pola que dirixe ao Goberno unha batería de preguntas: “Confirma o Ministro que barcos cefalopodeiros de China están faenando no caladoiro de Mauritania? Que consideracións lle merece ao Goberno este feito cando se excluiu á frota cefalopodeira galega desas augas? Pediu o Goberno explicacións á UE para que se dirixa a Mauritania?”.

Davila critica á UE: “A que se debe o empeño da UE en eliminar ás frotas galegas dos acordos de pesca?”

Davila pón de manifesto que o pago por parte da UE de 140 millóns de euros durante dous anos polo Acordo pesqueiro con Mauritania “é razón máis que suficiente para requerirlle explicacións”. A deputada do BNG demanda ao Ministro “xestións urxentes ante a UE”, e verte dúbidas sobre a actitude da UE á hora de asinar acordos pesqueiros que “soen excluir á frota galega”. “Non considera o Goberno que a exclusión da frota cefalopodeira é consecuencia dun pacto entre a UE e Mauritania?

“A qué se debe que a UE bloquee sistemáticamente acordos pesqueiros que prexudican á frota galega? A qué responde o empeño da UE para eliminar ás frotas galegas dos acordos de pesca?”, son algunhas das preguntas que formula ao Ministro.

rigurosos?

A deputada do BNG demanda ao Ministro de Agricultura que defenda a pesca galega porque “é evidente que o Informe presentado por Mauritania sobre o esgotamento dos recursos pesqueiros é unha falacia posto que de ser así, os pesqueiros chinos non estarían a pescar polbo. O que tamén corrobora as conclusións do Informe realizado polo Instituto Oceanográfico español que sinalaba que a cota de pesca incluso se podería duplicar pasando de 30 a 60.000 toneladas anuais”.

Davila alude ao coñecemento público dun Acordo de Pesca entre Mauritania e China que permite a cefalopodeiros do país asiático faenar no caladoiro africano. “Existen incluso testemuñas gráficas”. Polo tanto, conclúe a deputada do BNG, “a exclusión da frota galega non se debeu á situación do stock, e que o estudo presentado por Mauritania, do que xa advertimos que non se sustentaba en criterios científicos rigurosos, non é máis que unha cortina de fume para que os barcos de Galiza non volten a pescar alí”.

Ademáis, engade que “non se trata de un bulo porque a mesma Secretaría Xeral de Pesca confirmou a representantes sindicais do mar que, efectivamente, os barcos chinos que capturan polbo o fan no caladoiro mauritan”.