Davila critica a Gallardón porque a reforma da xustiza universal está a provocar "efectos perversos"
A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, presentou unha pregunta parlamentar na Cámara na que pide a Gallardón que se retome a xustiza universal tal e como estaba antes da recente reforma exprés debido aos efectos perversos que está a provocar.
A deputada do BNG demanda ao Ministro de Xustiza que recapacita sobre as consecuencias que se están a producir como a posta en liberdade de narcotraficantes ou a paralización de importantes procesos relativos aos dereitos humanos.
O Goberno lexislou pola vía urxente para determinados intereses
Davila lembra que o BNG se opuxo frontalmente á reforma do artigo 23 da Lei Orgánica do Poder Xudicial, que regula as competencias dos tribunais do estado na aplicación do principio de xustiza penal universal que o Goberno do PP tramitou pola vía de urxencia. Non apoiamos esa lei por diversos motivos, especialmente porque paralizaba causas que afectan a procesos como o caso Couso ou os relacionados coa persecución dos crimes do franquismo, e advertíamos da posta en liberdade de narcotraficantes por limitar a capacidade de investigar e inxuiciar barcos que portan drogas.
A deputada nacionalista pón de manifesto que tanto nun caso como noutro se están a cumprir os piores augurios e indica que temos que lamentar que xuices da Audiencia nacional teñan que pór en liberdade, como sucedeu o pasado venres 11 de abril. Van xa 16 narcotraficantes que a xustiza española se ve obrigada a deixar en liberdade.
Subliña que nos dous autos arquivados por dous xuices distintos da Audiencia nacional sobre barcos narco, fica patente a crítica e o reproche que a xudicatura realiza a unha reforma da lei que é contraproducente, moi perxudicial e vai en contra dun principio democrático.
Salienta Davila que precisamente o incremento dos efectivos na loito contra o narcotráfico, así como o feito de adicar maior vixianza e medios á persecución deste delito conlevou a redución desta perigosa actividade en lugares como a costa galega. Ao BNG, sinala, preocúpalle que a reforma da xustiza universal teña un efecto rebote nas actividades delictivas.
Davila critica que o Goberno de Rajoy lexislase a toda velocidade neste eido por razóns que non explicou claramente, especialmente para evitar conflitos e problemas con terceiros paises, sobre todo EE.UU e China.
De aí que dirixa unha batería de preguntas a Gallardón sobre este tema: Que avaliación realizada o Ministerio dunha reforma da xustiza universal moi cuestionada desde diversos ámbitos, sobre todo o da xudicatura? No caso concreto do narcotráfico, Non cre que se vai a producir un relaxamento do control deste tipo de actividades?
En canto aos dereitos humanos, cre que familias como a do asasinado cámara galego José Couso se van dar por vencidos a pesar das restricións da lei?.
E insta a Gallardón a dar marcha atrás, reflexionar sobre estes aspeitos e lexislar no sentido de voltar á situación anterior no que atinxe á xustiza universal.