Davila celebra a sentenza do Constitucion sobre vodas gais e acusa ao PP de "moral retrógrada"
Davila afirmou que "o PP non pode impór a súa moral retrógada e caduca que vai contra a evolución normal da sociedade e vai en contra dos dereitos individuais e fundamentais da cidadanía como era o caso. Non todo vale e o Constitucional ven a dicer que a Lei de matrimonios gais é perfeitamente constitucional". Nese sentido, a deputada do BNG sinalou que o PP debería recoñecer publicamente que o seu recurso estivo "únicamente motivado por cuestións de ideoloxía reaccionaria porque non había ningún elemento de inconstitucionalidade na norma".
"O pertinente, dixo, sería que se retractase e admitise o seu erro", indicou Davila.
A deputada do BNG lamentou que a sentenza do Tribunal Constitucional se produza tan tarde, "é un despropósito que se tarden sete anos en pronunciar sentenza sobre unha lei aprobada no ano 2005. Ese mecanismo de tardía reacción a leis que afectan aos dereitos da cidadanía debería ser cuestionado e correxido".
Nesa liña, demandou que o Tribunal Constitucional resolva os recursos de inconstitucionalidade con celeridade, en prazos razoábeis e non ao cabo de sete anos.