Davila asegura que BNG emendará a Lei de Cadena Agroalimentaria para garantir prezos do leite xustos
A principal preocupación dos sindicatos labregos, e a pesar das promesas gubernamentais, é a comprobación de que este proxecto de lei non contempla medidas que garantan que o prezo do leite en orixe sexa superior aos custes de producción. Este proxecto de lei que entrou en tramitación no Congreso non resolve o principal problema que afecta ao sector lácteo galego e que son os baixos prezos que perciben pola venda do leite ás industrias.
A deputada do BNG puxo de manifesto que o prazo de presentación de emendas ao proxecto de lei de Cadena Agroalimentaria remata o vindeiro 12 de marzo, e asegurou que o BNG vai rexistrar unha serie de emendas para mellorar a lei e, sobre todo, para que se solucione este tema, para que os nosos gandeiros non reciban un prezo inferior aos custes de producción.
O Goberno prometeu resolver o problema dos prezos na lei pero non fixo nada
Criticou Davila que o Ministro Cañete anunciase en varias ocasións que esta cuestión se resolvería na tramitación desta lei, pero comprobamos con decepción que non hai nada de nada, promesas incumpridas. Ademáis, tamén salientou o feito de que o Presidente da Xunta, o Señor Feijoó, asegurase no seu día que ía facer alegacións ante o Goberno central máis vemos que tampouco fixo nada.
A parlamentar nacionalista anunciou que o BNG si se vai preocupar por esta cuestión que afecta de cheo aos nosos productores lácteos, e emendaremos a lei para mellorala na súa tramitación.