Davila afirma que a retirada da lei do aborto "é un éxito das mulleres e da presión socio-política"
Engadiu Davila que o que se plantexaba no anteproxecto de Gallardón era retrógrado, reaccionario e pretendía anular unha lei que está a funcionar porque otorga liberdade de decisión ás mulleres, e lles da garantías xurídicas e sanitarias.
É un éxito das mulleres, das movilizacións sociais e dos grupos políticos da oposición, remarcou. Moitas mulleres traballamos para frear o anteproxecto e que non se levase a cabo.
En relación ao anuncio do Goberno de Rajoy de que reformará a actual normativa vixente no que atinxe ao consentimento paterno e materno das menores de 16 e 17 anos para interrumpir o seu embarazo, Davila puxo de manifesto que a actual lei xa contempla esas garantías para os caos de mala relación paterno-filial, cando no hai consentimento dos proxenitores, posto que neses supostos as menores teñen que contar cun consentimento de servizos sociais, e deben estar acompañadas dunha persoa de servizos sociais. Polo tanto, concluiu, é falso que se deban dar garantías nos supostos das menores, xa existen.
Gallardón debe demitir
Olaia Fernández Davila considera que o feito de que o Goberno, e en concreto o seu Ministro de Xustiza nos tivera ás mulleres un ano e medio nesta inquedanza, e o feito de que hoxe fose totalmente desacreditado e desautorizado ao non ir adiante unha reforma da lei do aborto que foi empeño seu, debería levar ao titular de Xustiza a unha rápida reflexión, a asumir as súas responsabilidades e demitir.