Davila afirma que o "PP repite os Orzamentos pasados para Galiza" e denuncia que "non os executa"
Unha primeira e rápida sumatoria ofrece unha cifra dun orzamento total para Galiza de 1.339 millóns de euros, cando o ano pasado era de 1.304 millóns. É dicer, tan só un 1,5% máis.
Davila subliña que unha cousa é o que se pón sobre o papel que todo o aguanta, e outra moi distinta o que o Goberno fai. E o feito é que a práctica deste Goberno nos dous últimos exercicios é a de incumprir flagrantemente as partidas que programa para o noso territorio.
A portavoz do BNG sinalou que o groso do investimento para Galiza vai para as obras do AVE, pero debemos advertir que non se está executando o que se programa nos Orzamentos. De feito, no AVE Lubián-Ourense só se está a traballar nunha vía, co cal, é evidente que non se cumprirá o prazo de 2018 e que o horizonte de remate das obras irá máis alá desa data.
De igual xeito, aludiu a actuación en estradas como a A-57 ou a A-59 que tanto no 2012 como no 2013 contaban cunha serie de partidas que nunca se executaron. E así poderíamos seguer para pór en evidencia que o Goberno non executa o que programa nos Orzamentos para Galiza.
De todos os xeitos, Davila subliñou que a maior parte do investimento para Galiza vai para as obras do AVE mentras se esquecen por completo as necesidades do territorio galego en sectores productivos como o naval, o agro ou a pesca.
Máis empobrecemento
A portavoz do BNG no Congreso sinalou que á espera de poder analisar os orzamentos con maior detalle, temos que enfatizar que son uns orzamentos para emprobrecer aínda máis á xente.Unhas contas que manteñen os recortes de 2013 e incluso vai máis alá. Aludo en concreto á importante perda de poder adquisitivo dos pensionistas xa que só se van revalorizar as pensións un 0,25%, que como dicer nada dado o aumento do custe da vida, dos impostos indirectos e de todo.
Nese sentido, mencionou as subas do IVE en productos sanitarios sumadas ao copago, aludiu á conxelación dos salarios dos traballadores públicos, e aos incrementos de impostos como o IBI, o IRPF que van facer moito máis difícil que as familias e as persoas cheguen a final de mes dadas as caídas de salarios, de pensións e a falla de traballo.