Crítica do BNG á reforma da Lei do Aborto do PP: "É para contentar ás súas bases fundamentalistas"
Davila reprochou ao PP a súa actitude demagóxica que presenta unha proposta de reforma para respostar unicamente ás súa bases fundamentalistas, manipulando o que se contempla no artigo 14.13 da Lei actual na que se estabelecen todas as cautelas para que as mulleres menores de 18 anos poidan interrumpir o seu embarazo.
A reforma do PP é innecesaria
Inclúese na lei o coñecemento da situación por parte dos titures legais, pero nos casos nos que as relacións familiares son conflitivas ou problemáticas, que impiden as normais relacións paterno-filiais, a lei garante ás menores o seu dereito a interrumpir os embarazos, sempre que conten co correspondente Informe dos Servizos Sociais ,explicou a deputada do BNG. Polo tanto, indica, estamos ante unha reforma innecesaria que só obedece a criterios ideolóxicos.
Davila puxo de manifesto que desde a aprobación da lei vixente non se ten producido absolutamente ningún problema. É irrelevante o número de mozas que abortaron sen o coñecemento dos seus proxenitores. Polo tanto, concluiu a parlamentar nacionalista, o PP f ai unha proposta que non é para mellorar a actual lei senón para empiorala. Abócase ás menores a facer abortos que non contan coas garantías xurídicas e sanitarias axeitadas.
Ademáis, finalizou a deputada do BNG, debemos denunciar que mentras o PP aproba medidas restritivas, nada fixo para incentivar as políticas preventivas que eviten embarazos non desexados, como se recolle na vixente normativa. E engadiu que non só non se impulsaron medidas de políticas preventivas senón que incluso se eliminaron servizos e programas de prevención.