Cosme Pombo: Política Lingüsística trata de estranxeiro o noso idioma na nosa patria"
O deputado do BNG, Cosme Pombo cuestionou os plans de dinamización da lingua galega presentados polo secretario xeral de Política Lingüística cando en realidade, dixo, a Xunta leva vinte anos incumprindo a Carta europea das Linguas
Trala comparecencia do secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García para informar das accións para dinamizar a lingua galega, o deputado do BNG, Cosme Pombo afirmou que Xunta de Galia leva 20 anos incumprindo a Carta europea das Linguas asinada por 31 países e 20 anos nos que dende a secretaria Xeral de Política Lingüística se está a tratar de estranxeiro o noso idioma na nosa patria.
O parlamentario asegurou que grazas as mobilizacións cidadáns non desaparece o noso idioma porque as políticas do goberno son contrarias a súa pervivencia, vostedes enterraron o Plan de Normalización Lingüística aprobado por unanimidade no Parlamento galego no ano 2004 con 450 medidas consensuadas.
O nacionalista aludiu ao incumprimento, por parte da Xunta, das recomendacións do informe da Comisión europea. Neste sentido, recalcou que o galego se está a reducir no ensino, só o 20% do ensino universitario desenvolvese no noso idioma e só o 3% dos centros infantís das cidades imparten galego. A Carta europea defende que o modelo educativo do ensino debera ser esencialmente en Galego pero a Xunta respondeu cun decretazo plurilingüe orientado a unha menor presenza do noso idioma no ensino.
O informe tamén recomenda un maior uso do galego na administración, na xustiza e nos medios de comunicación privados. O único país, explicou o nacionalista, con dúas linguas románicas coa maior puxanza de Europa, resulta que a política lingüística do Goberno galego na práctica, reduce a presenza do galego.
Menos rezar e máis impulso para o galego
O parlamentario pediu ao titular de Política Lingüística menos propaganda e máis acción, normalización e proacción a favor do noso idioma. Cosme Pombo preguntou a Valentín García se vai desenterrar o Plan de Normalización Lingüística, derogar o decreto do plurilingüísmo e se vai facer algo para estender o portugués no ensino como reclama a ILP Paz Andrade.
Finalmente, o parlamentario lembrou que o bipartito destinou 19,8 M fronte os 6,7 que emprega o PP polo que pediu rezar menos e o que empregan para relixión, 27M sexa empregado para impulsar o galego, con iso confórmome, concluíu.