O Consello Nacional aprobou a constitución dun novo colectivo interno: ALICERCE.
21 de novembro de 2024 (16:43 h.)
O Consello Nacional do BNG, na súa reunión do pasado 16 de novembro, aprobou formalmente a constitución dun novo colectivo interno, baixo a denominación ALICERCE. Deste xeito, ALICERCE confórmase como colectivo político organizado no seo do BNG. O colectivo indica que a súa finalidade é contribuír, desde a base, a mellorar e fortalecer o BNG, a súa democracia interna, afondando no feminismo e na diversidade e co ecoloxismo como eixe fundamental.