Condenamos a “moción de censura encuberta” da “Gran Coalición” ao goberno do BNG de Pontevedra
O alcalde nacionalista de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, vén de denunciar que o pacto de PP, PSOE, Ciudadanos e Marea de Pontevedra quere imporlle ao goberno de Pontevedra un “orzamento da oposición”. A "Gran Coalición do Lérez" presentaron conxuntamente 22 emendas ás contas municipais do BNG que modificarían en grande medida o enfoque das mesmas, o que en palabras do alcalde nacionalista "é unha moción de censura encuberta e covarde", para impedir que o BNG goberne Pontevedra como veu facendo todos estes anos durantes os cales desenvolveu o modelo de cidade tan recoñecido tanto dentro e fóra das nosas fronteiras.
Desde o BNG condenamos a "moción de censura encuberta" da "gran coalición pontevedresa" e emprazamos a todos e todas á rolda de prensa que está convocada para mañá xoves, onde Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, fará un valoración máis polo miúdo deste manobra política que tenta impedir o goberno nacionlista de Pontevedra desenvolva o seu proxecto de cidade.
Podes escoitar a continuación a rolda de prensa do alcalde de Pontevedra para valorar a particular situación política que vive nestes intres a cidade de Pontevedra.