A Comisión das Caixas tamén ten que aportar solucións para evitar a venda de Nova Galicia Banco

 

O viceportavoz do GP do BNG, Carlos Aymerich, valora que o PP acabe de rexistrar a posta en marcha da Comis

ión de Investigación das Caixas entre as primeiras iniciativas desta lexislatura mais advirte que chega tarde, que os traballos xa tiñan que ter comezado, tal e como reclamou o BNG en reiteradas ocasións.

Aymerich defende que estes traballos non só “miren ao pasado”, non servan só para facer “arqueoloxía” do que sucedeu senón que tamén aporten solucións tanto para evitar a venda e liquidación de Nova Galicia Banco como para resolver asuntos como a estafa das preferentes.

O deputado nacionalista lembra que o BNG sempre defendeu unha Comisión de Investigación que esclareza todo o que aconteceu coa xestión das Caixas e depure responsabilidades polas indemnizacións millonarias dos ex directivos, pero tamén unha investigación que evite que Galiza fique sen unha ferramenta como Nova Galicia Banco, que segue tendo o 40 por cento do negocio finaceiro galego.