A candidata do BNG, Ana Pontón reclama medidas que saquen da crise ao sector lácteo
A nacionalista visitou unha cooperativa de alimentación animal en Valdoviño (Ferrol), onde manifestou que a crise do sector lácteo ten responsabilidades política e denunciou o incumprimento das promesas do goberno central e galego nun fallido acordo do sector lácteo que non deu solución aos problemas dos gandeiros e gandeiras
Ante os medios de comunicación, a candidata nacionalista manifestou que a grave crise que padece o sector lácteo ten responsabilidades políticas e cualificou de engano o acordo do goberno do Estado e galego para o sector asinado hai máis dun ano. Neste sentido, lembrou que os labregos e labregas seguen tendo os prezos máis baixos do leite e persiste a súa indefensión ante as empresas.
É urxente, dixo, unha solución para o sector lácteo baixo a protagonismo do goberno galego e a esixencia dun marco de dialogo como xa aconteceu no seu momento coa mesa do leite co fin de garantir prezos xustos así como establecer liñas para dimensionar o sector. Pontón insistiu que Galiza necesita un plan estratéxico que apoie a creación dun grupo lácteo galego, a transformación do produto e sacar o máximo rendemento ao grande potencial galego no sector para non acabar sendo meros produtores de leite a prezo low cost.
A candidata anunciou que a aposta do BNG pasa pola innovación e transformación do sector lácteo no noso país.
O BNG presentase ás eleccións cun proxecto sólido
A preguntas dos xornalistas sobre ás eleccións galegos, a candidata afirmou que o BNG está centrado en escoitar e atender as demandas da cidadanía e ofrecer un proxecto sólido. Para nós, xa non son tempos de mirarse para o embigo nin perder o tempo con guerras internas. Eu son candidata á presidencia da Xunta para transmitirlle á xente cales son as nosas propostas e alternativas e por iso nos presentamos e aspiramos a darlle esa alternativa a todos os galegos e galegas. Nós, recalcou a candidata do BNG, imos a por todas e facémolo cun proxecto alternativo de país e con candidaturas excelentes nas que a xente pode confiar porque temos solvencia, capacidade, proxecto e experiencia de goberno.