Congreso

O BNG votou no Congreso contra a proposta do PP que tentaban recortar a participación e o pluralismo político

Néstor Rego
A Constitución española nega os dereitos colectivos da Galiza como nación e impón un réxime monárquico e unitario que se manifesta cada vez máis inxusto.

O Bloque Nacionalista Galego votou contra a proposta do Partido Popular para modificar o regulamento do Congreso en relación co acatamento da Constitución, na medida que pretendía recortar dereitos e liberdades públicas e moi especialmente o pluralismo político. Unha proposta que buscaba cuestionar a lexitimidade dos e das representantes das formacións nacionalistas e soberanistas, que representan no Congreso máis de 2 millóns de persoas.

O BNG, que rexeita a Constitución española precisamente porque nega os dereitos co- lectivos da Galiza como nación e impón un réxime monárquico e unitario que se manifesta cada vez máis inxusto. Pretender limitar a vontade popular, particularmente o voto das 120.000 persoas que apoiaron o BNG nas últimas eleccións, cun formalismo legal é absolutamente antidemocrático e atenta contra o dereito de participación política, como xa atestaron, por certo, sentenzas do Tribunal Constitucional ao respecto.