Congreso

O BNG vota no Congreso a favor da despenalización da eutanasia

O BNG defende a despenalización da eutanasia, o dereito a que as persoas poidan decidir libremente pór término á propia vida cando por unha situación médica irreversíbel consideren que xa non se dan as condicións para manter unha existencia digna e a facelo de forma segura, pacífica e indolora coa axuda que sexa precisa.

Rego defendía dende a tribuna do Congreso que “debemos pór fin á chantaxe e o tabú de que a vida é propiedade divina e se administra segundo criterios da xerarquía relixiosa” e recalca que “dar a posibilidade de poder elixir non significa obrigar”, pois do que se trata é de ”garantir o dereito a unha morte digna, que fai parte do dereito a unha vida digna”.