BNG vota en contra da a lei de universidade privada do PP por elitista, excluínte e beneficiar a ABANCA
Manuel Lourenzo reprocha a intención do PP de crear “unha lei” para beneficiar a Escotet e cuestiona “este premio” despois de agasallar con máis oito mil millóns de euros á banca para o seu rescate
Cualifica de “indecente” que ABANCA utilice o dereito á educación para facer “negocio”
BNG rexeitou o proxecto de lei do Partido popular para creación da universidade privada “Universidade Intercontinental del la Empresa”, polo seu carácter “elitista e excluínte” e beneficiar os “intereses “ de ABANCA. O texto continuará o seu debate parlamentario con votos en solitario do Partido popular.
O parlamentario do BNG, Manuel Lourenzo reprochou ao Partido popular a súa intención de crear “unha lei” para beneficiar ao Presidente de ABANCA, Juan Carlos Escotet e cuestionou “este premio” despois de regalar máis de 8 mil millóns de euros para rescatar á banca.
Tras pedir a retirada da lei, Lourenzo lembrou que os reitores das universidades públicas galegas, o voto particular das asociación sindicais e os colectivos estudantís pronunciáronse en contra do proxecto que só conta co apoio do Partido popular para beneficiar a Escotet e “privatizar a universidade.
11.800 euros por mestrado
Por outra banda, criticou o anuncio de novos perfís profesionais da nova universidade privada aos que a universidade pública, afirmou, non ten acceso as reducida a oferta de mestrados cando “centos de estudantes de mestrado de educación deben matricularse en universidades privadas españolas porque o sistema público galego os expulsa”. E cal é a alternativa, preguntou, fortalecer os mestrados no ensino público? pois non, a alternativa que lles ofrecen é “unha universidade privada e poñer por diante 11.800 euros para os e as estudantes que queiran optar a unha praza destes mestrados”.
O deputado do BNG recalcou que as titulacións deben ter un carácter complementario e non reiterativo, sen embargo, explicou, isto non ocorre con Administración de dirección de Empresas que conta con esta titulación na universidade pública e agora tamén na futura privada. Ademais, engadiu, os doutores deben contar co sexenio activo para impartir programas de doutoramento na universidade pública, requisito que non se exixe na universidade privada. O nacionalista tamén aludiu aos informes da Secretaria Xeral da Universidade, cunha terminoloxía, a xuízo do deputado, “impropia e nada rigorosa” e resultando un “un panexírico” da universidade privada. Os mesmos informes que “impiden ampliar as prazas e titulacións na universidade pública” recalcou Manuel Lourenzo.
O deputado reiterou que o alumnado que opte a esta universidade privada debe pagar 8.000 euros ao ano. Na súa opinión, esta condición pon en entredito “a igualdade de oportunidades” e cualificou de “indecente” que a mesma empresa á lle regalaron oito mil millóns de euros para o seu recate é novamente agasallada coa xestión dos fondos europeos e, a maiores, pretende facer un negocio coa educación. Resulta “indecente” que ABANCA pretenda negociar tamén co dereito á educación polo que volveu a pedir a retirada da proposta de lei.